EXPOSICIÓN

DO 19 A 31 DE MAIO NO OBELISCO

EXPOSICIÓN

DO 19 A 31 DE MAIO NO OBELISCO

No corazón da cidade, nun espazo tan emblemático como o Obelisco, terá lugar unha exposición ao aire libre que nos levará de volta ao maio de 2000. A través das imaxes dos recoñecidos fotógrafos Mero Barral e Jesús Sancho, reviviremos os momentos máis intensos, emocionantes e simbólicos da tempada na que o Dépor fixo historia e conquistou o Campionato de Liga.

As fotografías capturan a esencia dun equipo humilde e valente, dunha afección entregada e dunha cidade enteira que vibraba co soño que se facía realidade. Dende os goles decisivos ata as celebracións nas rúas, esta mostra visual é unha homenaxe viva ao que fomos e ao que seguimos sendo.

Un percorrido cheo de memoria, sentimento e orgullo deportivista. Aberta a toda a cidadanía, esta exposición é unha oportunidade única para volver mirar cara atrás… e sorrir como aquel día.

"Hai que desfrutar hoxe

PAULETA

mañá e despois, e despois... "