Editar el contenido
O sábado 24 de maio celebrarase unha xornada inesquecible na explanada de Riazor, pensada para toda a familia deportivista e para todos aqueles que viven con orgullo aquel maio do 2000. Desde as 12 da mañá, o recinto converterase nun espazo de festa continua, onde a música, a emoción e o sentimento branquiazul serán os grandes protagonistas.
Durante todo o día haberá xogos tradicionais para os máis pequenos, un animado torneo de futbolín, unha foliada popular e un photocall coa Copa da Liga, para que cada deportivista poida levar un recordo único e cheo de simbolismo. A proposta gastronómica estará á altura da ocasión, con foodtrucks e unha pulpeira tradicional que converterán a comida nun momento de encontro e sabor galego.
O humor tamén terá o seu lugar, coa posta en escena do espectáculo “Dépor Locura” do coñecido humorista Roi da Costa, que combinará paixón e retranca nun show feito á medida da nosa historia.
Ao caer a tarde, comezará o gran concerto “O Mellor Que Me Pasou Na Vida”, o peche perfecto para unha semana chea de emocións. Subirá ao escenario La Mosca Tsé-Tsé, a banda que puxo banda sonora á celebración da Liga co seu himno espontáneo “Yo te quiero dar”, que volverá soar na Coruña vinte e cinco anos despois, enchendo o aire de lembranzas e ledicia.
A eles uniránselles artistas profundamente ligados ao deportivismo e á cidade, como Orquesta Bravú Xangai, La Banda del Camión, Crise, Mar de Fondo, Kike Varela e Yaya DJ, nun cartel feito co corazón para celebrar, xuntos, que o Dépor campión segue moi vivo na memoria colectiva dunha cidade enteira.
Será unha xornada para rir, cantar, bailar, lembrar… e sentir, unha vez máis, que o mellor que nos pasou na vida merece ser celebrado como se fose onte.

DENDE ARGENTINA
DENDE ARGENTINA
Todos os dereitos reservados | ©Copyright 2025 O mellor que me pasou na vida | Deseño por Adrián Varela
Todos os dereitos reservados | ©Copyright 2025
O mellor que me pasou na vida | Deseño por Adrián Varela