Futbolín

Campionato - 25 anos de paixón

FUTBOLÍN

Campionato - 25 anos de paixón

Se hai algo que non pode faltar nunha verdadeira festa deportivista, é a paixón polo xogo en todas as súas formas. Este 24 de maio, dentro da Xornada Deportivista na explanada de Riazor, celebrarase o Campionato de Futbolín, unha proposta pensada para que a afección tamén teña o seu espazo de competición, compañeirismo e risas.

A partir das 12:00 h, parellas de todas as idades medirán forzas nun torneo cun formato dinámico e divertido. A modalidade será en movemento, o que garante emoción e ritmo en cada partida. O campionato está aberto a todos os públicos, con prazas limitadas, polo que é importante asegurar a túa participación canto antes.

📝 Inscricións: 20 puntos por parella
📅 Peche de inscricións: venres 23 de maio ás 16:00 h
📞 Para apuntarse: 635 131 824

💥 Os premios repártense do seguinte xeito:
🥇 1º posto: 50% da recadación + trofeo
🥈 2º posto: 35% da recadación + trofeo
🥉 3º posto: 15% da recadación + trofeo

Unha cita pensada para compartir a paixón polo Dépor tamén entre amigos, entre goles de futbolín e moita retranca. Porque celebrar o mellor que nos pasou na vida tamén é xogar.