Editar el contenido
A Xornada Deportivista do 24 de maio está pensada para todos os públicos, e especialmente para que os máis pequenos (e non tan pequenos) poidan gozar tamén da festa á súa maneira. Durante tres horas, a explanada de Riazor converterase nun espazo de lecer e memoria viva coa instalación dun auténtico parque de xogos tradicionais galegos.
Da man da empresa Somos Enredos, recuperamos o espírito lúdico de toda unha xeración:
tiro á corda, chapas, zancos, aros, 3 en raia, alquerque, chave, canicas, billar, ski de madeira, air hockey, pelouros, tirabolas, anillas, e moitos máis.
Máis de 25 xogos diferentes para rir, competir, aprender e, sobre todo, compartir. Todo isto acompañado de música tradicional galega e con monitores especializados para guiar a actividade.
Unha proposta divertida, educativa e cargada de identidade para lembrar que celebrar o Dépor tamén é celebrar o noso.

Todos os dereitos reservados | ©Copyright 2025 O mellor que me pasou na vida | Deseño por Adrián Varela
Todos os dereitos reservados | ©Copyright 2025
O mellor que me pasou na vida | Deseño por Adrián Varela