LIBRO

O Mellor que me pasou na vida

LIBRO

O Mellor que me pasou na vida

Acotío é moi complexo describir as emocións con palabras. O que cada quen sente nun momento determinado é único e persoal, e a narración que un fai dos feitos non ten por que coincidir co relato que calquera outra persoa poida ter desa mesma experiencia. Porén, aquel 19 de maio do 2000 foi completamente diferente. O que se sentiu naquela noite inesquecible en Riazor atinxiu de forma transversal a todos os deportivistas de corazón. Houbo un denominador común: a felicidade. Esa inmensa alegría formará parte da nosa memoria colectiva durante o resto dos nosos días.

Aqueles noventa minutos supuxeron a culminación de días, meses, incluso anos de tensa espera. Co final do partido tocamos o ceo e saboreamos a gloria eterna. Nada é comparable. Poderán pasar outros vinte e cinco anos que a intensa sensación de ledicia  polo título de Liga nunca se vai esquecer, nunca vai desaparecer, nunca se vai deixar de celebrar. Esa emoción é eterna.

Pasan os anos, pasan os xogadores, pero sempre hai algo que os deportivistas queremos dar de corazón, sempre temos un motivo para ir festexar: o día no que fomos campións.

Xogadores, directivos, empregados, xornalistas, seareiros e seareiras narran con precisión neste libro a tolemia branquiazul que A Coruña e o deportivismo de todo o mundo viviron naqueles días. Non é doado explicar sentimentos. Incluso nos din que non tratemos de entendelo. Pero aquel 2-0 en Riazor, sen dúbida, é moi sinxelo de definir:

O mellor que me pasou na vida.

"Fun campión de Copa América con Brasil.

DJALMINHA

pero a emoción máis grande que tiven foi
conquistar a Liga co Dépor"

O mellor que me pasou na vida é unha recopilación de relatos, de emocións e de noticias feita por deportivistas de corazón sobre aquela temporada inesquecible onde tocamos a gloria eterna.
Xogadores, directivos, empregados, xornalistas, seareiros e seareiras narran neste libro a tolemia branquiazul que A Coruña e o deportivismo de todo o mundo viviron naqueles días. Unha peza imprescindible para todos aqueles que coma nós pensan que aquel campionato de Liga foi o mellor que nos pasou na vida.

Á venda o venres 23 no Ágora e o sábado 24 na explanada de Riazor. Edición limitada. 

conquistar a Liga co Dépor

Djalminha