ROI DA COSTA

MONÓLOGO: DEPOR LOCURA

ROI DA COSTA

MONÓLOGO: DEPOR LOCURA

O humor tamén ten sitio nesta celebración, e chega da man dun dos cómicos máis queridos de Galicia: Roi da Costa. Actor, humorista e imitador, Roi leva desde 2011 facéndonos rir na televisión, na radio e sobre os escenarios de todo o país. En 2022 foi recoñecido entre os mellores imitadores do Estado, grazas á súa capacidade para combinar o stand up, as imitacións e as rutinas de improvisación cun estilo único e moi noso.

Nesta ocasión especial, Roi preséntanos “Dépor Locura”, un espectáculo pensado por e para deportivistas, onde o humor serve de terapia colectiva. A través das súas historias persoais —traumas incluídos—, Roi repasa os momentos máis tolos, surrealistas e entrañables da vida dun afeccionado do Dépor. Pero non estará só: o público será parte fundamental do show, porque todos temos algo que contar, unha lembranza compartida ou unha esaxeración (ou non) que merece ser rida.

“Dépor Locura” é moito máis que un monólogo: é un espello cómico onde vernos reflectidos como afección. Porque o Dépor somos nós, coas nosas ledicias, as nosas penas e, sobre todo, co noso sentido do humor sempre activado.